MARAGATOS EN PARADELA

Por Xesús Mato, fillo predilecto de Paradela

Xesús Mato

 

Os Matos vimos de Maragatos. A nosa familia procede da comarca de Melide, lindando con Arzúa e Boimorto. En Boimorto estuvo un cura que trouxo de criado a un rapaz da Maragatería. O rapaz quedou alí, casou cunha parenta nosa, e de aí ven toda a miña familia.

Claro que nesa zona de Melide hai máis Matos. E os Matos de Lalín son doutra rama distinta da nosa. O que si sabemos é que somos realmente dos Matos de Castilla, dos maragatos que andaban de comerciantes, aínda que na nosa familia non queda ninguén que se dedique ao comercio.

No pobo máis importante da Maragatería – zona moi determinada de León, non pegada a Galicia senón para a outra parte – Astorga, no alto da súa catedral, hai un maragato que tamén se apelida Mato, que coido non se sabe moi ben de donde veu.