POR TERRAS DE CASTROVERDE
Ricardo Polín
Aínda que non teño noticia concreta do asentamento de maragatos na Terra de Castro Verde, si me consta por informacións previas que existen familias descendentes da maragatería ao longo do Camiño Primitivo de Santiago, coido que principalmente na zona da Fonsagrada, incluso na propia vila. Tamén do paso de arrieiros maragatos polo Mesón da Fontaneira (Baleira).
En Castro Verde transitaban seguindo principalmente os roteiros do camiño real de Oviedo cara Lugo e do camiño real do Ribeiro de Monforte a Mondoñedo, vía Meira e Castro Ribeiras de Lea, competindo cos numerosos arrieiros da bisbarra e comerciando co viño, panos, etc. A miña propia mai centenaria foi testemuña do paso dos últimos deles na posguerra.
(Eu mesmo convivín coa sociedade maragata ao pé do monte Teleno a comezos dos anos oitenta. Sempre me resultou unha etnia moi atractiva do ponto de vista antropolóxico e mesmo estético. Logo afondei máis no seu coñecemento a raíz de publicar o meu album "Homes do País").