ALGUNHAS NOTAS  SOBRE OS  MARAGATOS NA TERRA DE SÁRRIA

Por Xaime Félix López Arias (Arlindo)

Arlindo


O paso dos maragatos pola Terra de Sárria traendo produtos de Castela a Galicia e levándoos de Galicia cara Castela, moi activo até a chegada do ferrocarril a Sárria ( 1880 dende A Coruña, 1882 dende Madrid ), mantívose até ben entrado o século XX.

Darredor de 1950/55 aínda se vían pola aldea “maragatos “ que vendían teas que portaban en machos. E rexistranse algún incidentes con paisáns que despois de comprar teas, volvíanse atrás na merca feita, e mesmo armaron sonadas liortas para que lles devolvesen os cartos.

O seu tráfego debía ser moi activo, porque en 1761, na parroquia de Santo Estevo de Calvor ( que era da xurisdición de Samos), 7 quilómetros antes de  chegar a Sárria, o trafego dos maragatos e arrieiros reflectíase na existenza, en pleno Camiño de Santiago , das seguintes actividades, que proban ben  como o vello camiño das peregrinación seguía ben vivo :

TABERNAS (propiedade do Común  dos Veciños)

1 en Pintín, arrendada a Xoán González
1 na Aguiada: arrendada a Francisco Veiga.

9 PISADAS DE MARAGATOS E ARRIEIROS

1.- Manuel García, utilidade 200 reais
2.- Antonio López, utilidade 60 reais
3.- Domingos Valcàrcel, utilidade 60 reais
4.- Xulián García, utilidade 60 reais
6.- Gaspar López Somoza, utilidade  110 reais
7--Xoán González  ( en Barxa , camiño de Monforte a Asturias ) utilidade 40 reais
8.- Xosé Caramés, utilidade 120 reais
9.-  Xoàn González ( de Perros, no camiño de Monforte a Asturias) , utilidade 20 reais

(Anotación : “ Ás pousadas de algúns concorren os Maragatos e arrieiros máis ca os outros” )

1 TENDEIRO

Xosé López: “Trata en panos burdos, baetas ,sempiternos, satin e outras teas, todas de fàbrica, que lle veñen polo seu porte, sen que teña cabalerías para conducilas, e tamén trata en peixe curado, aceite, moscovias e xabón). Utilidade 550 reais de vellón.

Tiña unha tenda  moí surida e con máis beneficios ca existente na vila de Sárria. Resulta evidente que os xéneros eran trasportados a esta tenda polos maragatos e arrieiros.

1 FERREIRO

Xoán González, de Barxa, utilidade  50 reais

1 ZAPATEIRO

Xosé Rubio, utilidade 75 reais

1 FERRADOR

Antonio López Santín, utilidade 60 reais

/ Estas tres actividades facilitaban a reposición de pezas por parte dos transeúntes )

************************

( S. XVIII ) Pleito por desmos entre o Cura de San Salvador de Sárria e o Mosteiro da Madalena )

Neste pleito quedou probado que  o camiño existente entre a lonxa do mosteiro e a Cortiña do Pombal  era transitado por peregrinos, maragatos, traxinantes,  alugados da sega, milicianos  e tratantes de mulas  que de Andalucia e Murcia viñan  a mercalas cara a Terra de Santiago”.

********************

A finais do século XVIII  na feira de Santiago de Sáa do Páramo os arrieiros ( e polo tanto tamén  os Maragatos ) ofrecían os seus xéneros, e o mesmo  facían especialmente nas feiras da Esfarrapa ( Cedrón, hoxe de  Láncara ) e Triacastela.

*********************

RELOXO PUBLICO DE SÁRRIA.- Polo estado de contas de 1806/1809 sabemos  que  o Rexemento da Vila en 26.04.1806 entregou “ 45 reais ao maragato que trouxo a corda” para o reloxo instalado a carón da desaparecida igrexa románica de Santa Mariña.

**********************

Na parroquia de Vilar de Sárria hai unha casa e familia que  son coñecidas como CASA DO MARAGATO.

*********************

Coa chegada do ferrocarril  non se deu aquí , como noutros casos, o asentamento de familias maragatas para exercer o comerzo no ensanche da vila, En Sárria  asentaron máis ben comerciantes procedentes de Teruel ( Zaera ), Pais Vasco Francés (Sarry), Bembibre e de Terra de Campos.


Unha nota etnográfica:

En San Miguel de Vidueira (Manzaneda- Ourense) onde vivín de neno, para apandar ao escondite dicíamos para ver a quen lle tocaba librar :

Maragato pito pato, rabo de cincha, cando o galo canta, maragato rincha “.